Pescamar, El Consorcio e Coswinga rivalizan pola compra de Alfageme

Pontevedra
08 de outubro 2012

O grupo cántabro El Consorcio, o mellor situado, rivalizará contra Pescamar e a firma Coswinga. A decisión final é da administración concursal, non do Goberno galego.

Reunión das traballadoras de Alfageme con representantes de El Consorcio PontevedraViva

Pescamar, O Consorcio e Coswinga son as tres empresas que optan ao concurso público articulado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facerse con tres dos seus activos: as fábricas de Vilaxoán e Ribadumia e a marca Miau.

A compañía de Cantabria, El Consorcio, foi a primeira en situarse para adquirir os activos de Alfageme, e o propio conselleiro de Economía, Javier Guerra, deu por feita a súa adjudicación na primavera de 2011.

A conservera de Poio, Pescamar formalizó a súa proposta o pasado luns, como confirmou a PontevedraViva a súa directora xeral, Lupe Murillo.

Finalmente está Coswinga considerada polo sector e polos sindicatos como unha "pantalla da familia Lago", antigos propietarios de Alfageme. A compañía viguesa foi creada en abril, o seu administrador único é Xullo Mengual, exdirector de Marketing de Alfageme durante a etapa de xestión de Juan Lago, ofrece 100.000 euros polas dúas.

A decisión da Xunta podería producirse no Consello desta semana, tres días antes das eleccións. Aínda que será a administración concursal e non o Goberno galego quen finalmente ofreza o seu veredicto.

Pescamar quere mercar Eureka

Entre os activos que están en poxa pública non están as outras dúas marcas coas que operaba Alfageme: Peña e Eureka. Estas dispútanse directamente no Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra.

Pescamar está interesada en Eureka pola súa implantación nas Illas Canarias, onde a firma de Poio xa é líder de mercado.

Arquivado en