Persoas con autismo farán a tarxeta de felicitación do Nadal do Concello de Moraña

Umia
15 de novembro 2023

A solicitude foi moi ben acollida polos membros da Asociación de Pais de Persoas co Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (Apacaf) e anunciaron que estará lista en moi poucos días

Reunión do alcalde de Moraña con representantes da asociación Apacaf Concello de Moraña

O goberno local encargoulle aos usuarios da Asociación de Pais de Persoas co Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (Apacaf) o deseño e a elaboración da tarxeta de felicitación oficial de Nadal do Concello de Moraña, que se distribuirá por todos os domicilios durante as vindeiras festas. 

A solicitude foi moi ben acollida polos membros deste centro de atención asistencial e anunciaron que estará lista en moi poucos días.

O alcalde de Moraña, Sito Gómez, destacou que "Apacaf fai un traballo espectacular a prol da integración e da inclusión social e estamos moi orgullosos de que estean en Moraña e de que teñan un centro de primeiro nivel para impulsar o desenvolvemento das persoas con TEA".

Sito Gómez manifestou que, desde o Concello, "imos seguir respaldando o seu labor ata o máximo das nosas posibilidades. Creo que o merecen e que é de xustiza", sinalou o alcalde.

Este encargo da tarxeta de Nadal fíxose este martes no transcurso dunha visita ás instalacións de Apacaf en Penagrande, na parroquia de Laxe, na que o alcalde anunciou a renovación da colaboración e as accións de apoio do Concello con esta asociación.

O rexedor acudiu xunto aos concelleiros Luisa Piñeiro e Alberto Caldas ata o centro de atención a persoas con TEA -un dos dous que ten o colectivo xunto co da parroquia estradense de Berres- para coñecer o recinto e departir coas responsables desta entidade e cos usuarios.

Así mesmo, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta, María José Ferradáns, e con outras socias de Apacaf para coñecer as súas necesidades e recoller as súas demandas,