Pepa Pardo, no epicentro da tramitación no Senado da Lei de Amnistía, que ve "infame e indigna"

Pontevedra
23 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A concelleira e senadora pontevedresa acaba de ser designada portavoz adxunta na constitución da Comisión conxunta de Xustiza e Constitucional da Cámara Alta. Asume esta función con "toda a responsabilidade, porque é unha verdadeira honra defender a igualdade de todos os españois"

Pepa Pardo, no Senado

A concelleira e senadora pontevedresa Pepa Pardo estará no epicentro do debate da futura Lei de Amnistía no Senado. Acaba de ser designada portavoz adxunta na constitución da Comisión conxunta de Xustiza e Constitucional da Cámara Alta.

Esta comisión do Senado debaterá a Lei de Amnistía e, tras a súa designación, Pardo sinalou que asume a portavocía adxunta con "toda a responsabilidade, porque é unha verdadeira honra defender a igualdade de todos os españois".

Antonio Silván foi elixido portavoz do Grupo Popular nesta Comisión conxunta, que contará con dúas portavocías adxuntas: a da pontevedresa Pepa Pardo, portavoz de Xustiza, e a de Miquel Xerez, portavoz de Constitucional. 

Tal e como recolle o PP nun comunicado, Pepa Pardo cualificou a Lei Orgánica de Amnistía de "infame e indigna" e criticou que ten o obxectivo final de dotar de "impunidade aos delincuentes a cambio de poder"

Pepa Pardo considera que se trata dun momento "insólito na historia da Democracia española" porque, desde o Goberno socialista de Pedro Sánchez, redactouse unha lei "ao ditado dos seus socios independentistas e dos delincuentes, que no PP non podemos consentir", engadiu. 

 O presidente local do partido, Rafa Domínguez, felicitou á concelleira e senadora en nome do grupo municipal do PP.