Pementos do 'piquillo' recheos de atún Pescamar

Pontevedra
28 de setembro 2019

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro, e onde aproveitaremos todas as calidades do atún, un peixe con alto contido en Omega-3

Pementos do 'piquillo' recheos de atún FROM

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar uns Pementos do piquillo recheos de atún, indicados para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar uns deliciosos Pementos do piquillo recheos de atún Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de atún claro en aceite de oliva Pescamar

- 2 pementos do piquillo por persoa

- 1 lata de anchoas

- 1 cebola mediana

- 2 dentes de allo

- 1 cullerada de tomate concentrado

- Medio de leite

- 1 ou 2 culleradas de fariña

- Medio vaso de caldo de peixe ou unha pastilla de caldo

- Aceite de oliva e sal

Preparación:

Cocemos os pementos. Retiramos a unha fonte e reservamos.

Nunha tixola sofriximos o allo e a cebola picados moi miúdos; cando estean dourados, agregamos a fariña removendo continuamente para evitar que se toste. Engadimos o caldo e o leite quentes, aos poucos, sen deixar de remover ata conseguir unha bechamel espesa. Cando comece a ferver deixámola cocer de 3 a 5 minutos.

Nun cunco á parte reservamos un pouco de bechamel para preparar a salsa de pemento. Incorporamos o atún claro en aceite de oliva Pescamar esmiuzado e as anchoas cortadas en anaquiños. Enchemos con esta mestura os pementos.

Á bechamel reservada engádenselle unhas culleradas de caldo de peixe e un pemento do piquillo. Pásase pola batedora ata conseguir un mollo non moi espeso.

Poñemos case toda a salsa no fondo dunha fonte, colocamos sobre ela os pementos e regamos por riba coa salsa restante.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.