'Mejillón imposible', 'Mejillón Dollar Baby' ou 'Las minas del rey Mejillón'. O enxeño dos tuiteiros desbordouse tras desvelarse que un mexillón será a mascota da Vuelta Ciclista a España 2013. Este "ciclista das Rías Baixas", como se presentou este luns, está dando moito xogo nas redes sociais. Pero non precisamente porque guste, senón polas burlas e o cachondeo que está xerando.
Todo iso desde que o programa Yu: No te pierdas nada, que presenta Dani Mateo a partir das 17.00 horas en www.los40.com e en Los 40 Principales desde as 21.00 horas, lanzase o hashtag #pelisconmejillón. Con el pretendían animar aos tuiteiros a cambiar nomes de películas famosas para incluír a palabra mexillón, como 'homenaxe' a Mexi-Llón, o nome que recibiu a mascota da Vuelta Ciclista 2013.
E tras realizar ese chamamento, a avalancha de tweets foi imparable. Tanto que #pelisconmejillón converteuse rápidamente en 'trending topic' (un dos dez temas máis comentados) non só en España, senón en todo o mundo. Esta é só unha mostra do humor que inspirou Mexi-Llón entre entre os tuiteiros:
Tanto foi o furor que causou o hashtag que o propio perfil de Turismo Rías Baixas uniuse ao 'cachondeo', con propostas como esta:
Pero máis alá das bromas, o certo é que a mascota da Vuelta Ciclista a España 2013 non parece ser do agrado da maioría dos tuiteros.
Aínda que xa se sabe: "que falen de min, aínda que sexa mal".