Pedro Sánchez anuncia que o AVE chegará a Galicia en decembro

O Salnés
01 de outubro 2021

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que a viaxe inaugural do AVE desde Madrid a Galicia realizarase en decembro. "Va a ser realidad con un ahorro de casi una hora y media en el trayecto Madrid-Ourense", dixo

Pedro Sánchez, presidente do Goberno Foro La Toja

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que a viaxe inaugural do AVE desde Madrid a Galicia realizarase en decembro. 

Sánchez avanzou esa previsión do Goberno na súa intervención en clausúraa do III Foro La Toja, celebrado na illa da Toxa, xunto ao primeiro ministro de Portugal, Antònio Costa, e diante do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Va a ser realidad con un ahorro de casi una hora y media en el trayecto Madrid-Ourense", dixo o presidente do Goberno.

O anuncio fíxose no contexto dunha defensa da cohesión territorial.

A empresa pública ADIF Alta Velocidade iniciou xa a fase de probas de fiabilidade do tramo de 120 quilómetros entre Pedralba de la Pradería e Ourense. Unha vez conclúan de forma satisfactoria estas probas, ADIF Alta Velocidade notificará ás empresas ferroviarias que a liña se atopa en condicións de explotación para que poidan forman aos seus maquinistas.

O AVE utilizará os trens actuais que ten Renfe e sen transbordos, á espera de que en 2022 a compañía ferroviaria poida renovar a frota cos Talgo encargados en 2016, de mellores prestacións.

A presidenta de Adif, María Luisa Domínguez desvelou que se atopa negociando con novos operadores interesados en explotar diferentes liñas en España, incluso a da alta velocidade a Galicia.