Peche na rúa Benito Corbal durante a mañá do vindeiro domingo

Pontevedra
12 de xaneiro 2022

A Policía Local de Pontevedra informou que o vindeiro domingo 16 de xaneiro pecharase ao tráfico a rúa Benito Corbal á altura do número 49 (antigo garaxe de Costa Giráldez), para a realización dunha canalización transversal na calzada. O tramo afectado é o comprendido entre a rúa Blanco Porto e Cobián Areal

Patrulla da Policía Nacional na rúa Benito Corbal PontevedraViva

A Policía Local de Pontevedra informou que o vindeiro domingo 16 de xaneiro pecharase ao tráfico a rúa Benito Corbal á altura do número 49 (antigo garaxe de Costa Giráldez), para a realización dunha canalización transversal na calzada. O tramo afectado é o comprendido entre a rúa Blanco Porto e Cobián Areal.

Está previsto que a duración deste corte sexa de varias horas, entre as 8 e as 14 horas. 

O peche implicará que non estará permitido o acceso e saída dos garaxes deste tramo da rúa Benito Corbal e tamén de Cobián Areal e José Millán. 

Na franxa horaria de realización das obras quedará prohibido estacionar e procederase co cambio de sentido circulatorio nas rúas Joaquín Costa (tramo comprendido entre Blanco Porto e Uxío Novoneira), en Blanco Porto e na rúa Javier Puig.

Nas principais interseccións contarase coa presencia de persoal para informar e regular os accesos e saídas de garaxes, amais de sinalización circunstancial para dirixir a circulación polos desvíos habilitados.