As obras de remodelación da Praza de Barcelos, que promove o Concello de Pontevedra, obriga a un corte de tráfico na Rúa Rouco durante o martes 12 e o mércores 13 de setembro.
O horario de peche desta rúa, que actualmente ten sentido único cara a Cobián Roffignac, establécese para ambos os días desde as 09.15 ata as 13.30 horas e desde as 14.30 ata as 20.00 horas.
Ofreceranse zonas de circulación restrinxida con motivo deste peche para acceder desde a praza de Barcelos ata Benito Corbal, coa presenza dun operario permanente durante esta intervención para regular o acceso de vehículos.