Peche de 24 horas no Concello

Marín
10 de decembro 2012

Un grupo de mariñeiros que faenaban no caladoiro de Mauritania pechouse, de novo, no Concello de Marín, onde permanecen desde esta mañá coa intención de reclamar que se lles paguen as axudas comprometidas a todos os afectados polo fin do acordo pesqueiro

Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania PontevedraViva

Un grupo de mariñeiros que faenaban no caladoiro de Mauritania pechouse, de novo, no Concello de Marín, onde permanecen desde a mañá do luns para reclamar que se lles paguen as axudas comprometidas a todos os afectados polo fin do acordo pesqueiro.

O voceiro de CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que tanto o Goberno español como o galego ocultaron que a Comisión de Industria e Enerxía da UE ratificou a semana pasada o documento, nos términos negociados pola comisaria de Pesca Maria Damanaki.

O novo acordo co país africano exclúe á flota cefalopodera galega. Agora únicamente o Parlamento europeo ou o Goberno español "si dan un golpe encima da mesa e negocian as licenzas pola súa conta", poden revertir a situación.

O encerro estivo precedido dunha asemblea que se volverá a repetir mañá en torno ás 11.00 horas para valorar si manteñen a movilización ou si a suspenden, en función das noticias que reciban tanto desde a Xunta como do Goberno Central.

Os marineros e os seus representantes sindicais mantiveron un encontro cos portavoces municipais do Concello de Marín, que lles transmitiron o seu apoio, a excepción do grupo de goberno formado polo PP, "que non se posicionou". Na reunión valorouse a posibilidade de cambiar a data de celebración do próximo pleno municipal, previsto para o venres día 14 ás 20.00 horas, ao coincidir coa manifestación convocada con saída desde o concello de Marín ás 20.30 horas.

Arquivado en