Pastel de peixe con atún claro Pescamar

Pontevedra
12 de maio 2018

PESCAMAR presenta o atún claro na súa versión máis saudable e saborosa, con aceite de oliva. Deste xeito, combina as propiedades da cociña atlántica coas bondades da dieta mediterránea.

Pastel de peixe con atún claro FROM

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos peixes en lata máis exquisitos e demandados: o atún claro.

Esta especie tamén é coñecida polo seu nome en inglés: yellowfin tuna, traducido literalmente como atún de aleta amarela. A súa prezada carne é firme e rosada e de sabor máis suave que outros peixes da súa mesma familia.

PESCAMAR presenta o atún claro na súa versión máis saudable e saborosa, con aceite de oliva. Deste xeito, combina as propiedades da cociña atlántica coas bondades da dieta mediterránea.

Para preparar este delicioso pastel de peixe con atún claro Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 600 g. de pescada en filetes

- 1 lata de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar

- 2 ovos enteiros

- 5 xemas de ovo

- 40 g. de manteiga

- 0,5 l. de leite

- 1 vaso de nata líquida

- 1 limón

- 3 culleradas de fariña

- 2 culleradas pequenas de salsa de tomate

- Sal

- Pementa

- Noz moscada

Preparación:

Cocemos os filetes de pescada e picámolos ata convertelos en puré.

Preparamos a bechamel mesturando a manteiga, a fariña e o leite. Cocemos a mestura a lume lento e removemos ata conseguir unha salsa cremosa. A continuación, engadimos sal, pementa e noz moscada, ao gusto.

Batemos os dous ovos enteiros xunto coas 3 xemas e poñémolos nun recipiente.

Engadimos o puré de peixe e o Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, esmigallado e escorrido. Mesturamos todo.

Incorporamos as 2 xemas restantes á bechamel e vertemos, algo máis da metade da bechamel, enriba do peixe.

Untamos un molde con manteiga e colocamos o peixe coa súa salsa. Quentamos o forno a 200 º C durante uns minutos e, cando estea quente, poñemos o  molde co peixe no forno ao baño maría. Baixamos a temperatura a 180 º C e deixamos cocer durante unha hora e cuarto.

Engadimos a nata líquida á bechamel restante. Para coloreala, colocamos o concentrado de tomate e, finalmente, poñemos sal, pementa, noz moscada e unhas pingas de zume de limón.

Para saber se a receita está lista, picamos o pastel cun coitelo ata que ao sacalo quede limpo.

Desmoldamos o pastel de peixe en quente. Podemos servilo tanto morno como frío.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.