Papá Noel e os Reis Magos seguen a preferir o correo postal

Pontevedra
04 de decembro 2024

Até o día 5 de xaneiro, os nenos poderán depositar as cartas cos seus desexos nas caixas de correos que instalou Correos

Un neno escribindo

O Nadal está cheo de ritos e tradicións, desde o Gordo da Lotaría até as uvas da sorte ou as cartas aos Reis Magos.

Pasan os anos chegan as novas tecnoloxías pero estas tradicións permanecen e por iso as oficina de Correos de Pontevedra, Marín e Sanxenxo tiveron que habilitar unha caixa de correos especial.

Será até o día 5 de xaneiro para que os nenos e maiores que o desexen poidan depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos.

En España, a orixe desta tradición de escribir aos Magos de Oriente empezou a principios do século XIX e vincúlase á celebración cristiá da Epifanía, aínda que nos países nórdicos este costume remóntase moito máis atrás como unha homenaxe a Nicolás de Bari (San Nicolás).

Ao principio, os nenos escribían as cartas que entregaban o día 5 pola tarde a Melchor, Gaspar e Baltasar ou a deixaban esa noite na xanela xunto aos zapatos, pero a tradición variou e os máis pequenos pasaron a mandala a través do carteiro.

Correos leva 29 anos celebrando o Nadal con caixas de correos especiais para recoller os desexos dos nenos e encargarse de entregarllos directamente aos seus destinatarios en Laponia e en Oriente.

Tamén este Nadal os equipos de voluntarios de Correos volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas dos menores ingresados.