Paninis de cabaza e queixo de cabra saborosos esta fin de semana no Ganapán

Pontevedra
15 de marzo 2023

O programa de lecer infantil propón unha nova xornada na que a mocidade de entre 4 e 10 anos aprenderá a elaborar paninis de cabaza e queixo de cabra e a confeccionar un telescopio 

Os escolares participan nunha actividade en O Ganapán O Ganapán- Arquivo

O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 18 e o domingo 19 de marzo unha nova fin de semana de O Ganapán, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 4 e 10 anos.

Os escolares elaborarán paninis de cabaza e queixo de cabra e wraps saudables, dúas comidas que conxugan á perfección sabor e saúde, xa que, nesta ocasión, os ingredientes que as compoñen son verduras.

Por outra banda, os participantes nos obradoiros tamén terán a oportunidade de confeccionar un telescopio e de aprender a elaborar uns sementeiros de prantas con caixas de ovos.

As actividades desenvolveranse entre as 11:30 e as 13:30 horas.

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, insiste en que aqueles menores que desexen asistir aos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, onde se solicitará que cada asistente indique as posibles alerxias ou intolerancias.

Tamén pide puntualidade aos asistentes e recomenda levar unha friameira para que os escolares trasladen os produtos elaborados ás súas casas e poidan saborealos coas súas familias.