Panadería "A Bicha", cinco xeracións de panadeiros

Bueu
09 de abril 2013

A historia de Panadería A Bicha de Bueu, comeza alá polo ano 1860, cando os bisavós de Digna, actual responsable do negocio, rexentaron a primeira panadería do municipio de Bueu. O nome tan peculiar que ten a panadería provén do mote familiar. Aos avós por parte paterna xa lles chamaban "os da Bicha"

A historia de Panadería A Bicha de Bueu, comeza alá polo ano 1860, cando os bisavós de Digna, actual responsable do negocio, rexentaron a primeira panadería do municipio de Bueu.

Os seus avós Francisco e Carmela tomaron o relevo, e posteriormente o seu pai Xeso e o tío Amador. Cando o pai de Digna finou, a súa nai Lola tomou o posto, e traballou moi duro pola panadería, tirando do negocio incluso en tempos de crise.

Digna, a maior de 8 irmáns, foi quen heredou a profesión e rexenta hoxe en día a panadería A Bicha, na que todos os irmáns botaron sempre unha man. A esperanza de Digna están postas na quinta xeración, que ven pegando forte e moi animada a levar adiante o negocio familiar. Tomarán moi pronto o relevo, dado que xa están a traballar con ela e formándose incluso no estranxeiro.

Non é estrano que A Bicha continúe a ter éxito na vila de Bueu, vista a tradición panadeira do seu árbol xenealóxico. Outros membros da familia mesmo emigraron e montaron panaderías e pastelerías de renome noutras vilas.

Na época da Guerra Civil e Postguerra, cando existía o racionamiento, moitas familias mercaban coa cartilla na súa panadería. Os avós Francisco e Carmela facían a vista gorda cos máis necesitados e non lles importaba dar algunha peza de máis. Aínda se escoita dicir que "A Bicha matou moita fame en Bueu". 

O nome tan peculiar que ten a panadería provén do mote familiar. Aos avós por parte paterna xa lles chamaban "os da Bicha", e o nome perdurou ata hoxe, sen ningún sentido despectivo, senón como un mote cariñoso para identificar a unha familia moi querida en Bueu, á que Digna e as súas irmás están orgullosas de pertencer. Así que, por qué pensar en cambiarlle o nome ao negocio?