'Pad thai' con berberechos de Conservas Pescamar

Pontevedra
14 de setembro 2019

Unha receita que nos trae os aromas da cociña tailandesa e coa que aproveitaremos todos os beneficios dun dos produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho, un molusco rico en ferro e con proteínas de alto valor biolóxico

'Pad thai', unha receita da cociña tailandesa Pixabay

Chegamos a unha nova entrega estival de"A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamare un dos produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho.

Este molusco é rico en ferro, que o converte nun grande aliado fronte á anemia. Ademais, achega proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fano un alimento ideal nas dietas de adelgazamento.

O pad thai é un prato moi coñecido da cociña tailandesa a base de tallaríns ou fideos de arroz mesturados nun wok con diferentes ingredientes. O nacemento desta receita sitúase trala Segunda Guerra Mundial, nun momento en que a escaseza de arroz obrigou ao goberno a fomentar o consumo de fideos, que na súa composición precisaban menos cantidade deste gran.

Para preparar un saboroso 'Pad thai' con berberechos de Conservas Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 200 gr de tallaríns de arroz

- 2 ceboliñas

- 2 allos tenros

- 8 lagostinos

- 1 bandexa pequena de cogomelos

- 1 cunca de tofu picado

- 100 gr de xermolos de soia

- 80 ml de salsa pad thai

- 2 culleradas de cacahuetes torrados picados

- Aceite de oliva virxe extra

- Sal

Elaboración:

Poñemos os tallaríns de arroz en remollo en auga a temperatura ambiente durante unha hora (ou o tempo que se indique nas instrucións impresas no envase do produto).

Toramos as ceboliñas e os allos tenros. Nun wok, ou na súa falta unha tixola, poñemos o aceite para quentar a lume alto e engadimos as verduras. Deixámolas facer uns minutos sen deixar de remover. Cando se acheguen ao punto desexado, incorporamos os lagostinos pelados, os cogomelos e o tofu picado. Deixamos ao lume ata que estean cociñados.

A continuación, engadimos os tallaríns de arroz e mesturamos. Incorporamos a salsa pad thai, engadimos os berberechos ao natural Pescamar, previamente escorridos e reservado o líquido, os cacahuetes picados e os xermolos de soia. Movemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Se queda algo seco, pódese engadir unha parte do mollo da lata de berberechos Pescamar que reservamos. Rectificamos de sal.

O pad thai pódese servir como entrante, en cuncos individuais, ou ben como prato principal. Adóitase acompañar cunhas rodas de lima coas que aromatizar o prato.

Nunha quincena, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.