PACMA presenta a Alberto de Salazar como o seu candidato ao Parlamento Galego por Pontevedra

Pontevedra
07 de xullo 2020

O cabeza de lista da provincia é un avogado con máis de 25 anos de experiencia coñecido pola súa implicación na defensa de causas sociais e o seu labor á fronte da UNED

Alberto de Salazar é o candidato de PACMA pola provincia de Pontevedra PACMA

PACMA presenta ao seu cabeza de lista pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas do próximo domingo. O candidato é Alberto Ivo de Salazar Viñas, avogado con máis de 25 anos de experiencia que exerceu como profesor de dereito internacional e formou parte do Consello Social da UNED. 

No partido o definen como unha persoa implicada "desde a mocidade na protección dos animais e vinculado á defensa das causas sociais".

Non é o único anuncio que fixo esta formación durante a campaña. Lonxe dos grandes mitines dos partidos maioritarios, PACMA fixo uso das redes sociais para debullar cada un dos puntos do seu programa no que figuran como alicerces fundamentais, ademais da defensa do benestar dos animais, a xustiza social, o medio ambiente e o acceso a un traballo digno, vivenda e sanidade pública.