Pablo Cimadevila, estrela de televisión: protagonizará "24K", o novo programa de Discovery MAX

Pontevedra
07 de febreiro 2015

Como deportista, Pablo Cimadevila é toda unha lenda en Pontevedra. Gañou, entre outros éxitos, dúas medallas de ouro nas probas de natación dos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000. Pero é a súa outra faceta profesional, a de xoieiro, a que chamou a atención dos directivos da canle Discovery MAX, que emite actualmente na TDT española. Tanto que lle ofreceron protagonizar o seu novo programa

Pablo Cimadevila (no centro) xunto os seus irmáns, os tres protagonistas de "24k" Discovery Max

Como deportista, Pablo Cimadevila é toda unha lenda en Pontevedra. Gañou, entre outros éxitos, dúas medallas de ouro nas probas de natación dos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000. Pero é a súa outra faceta profesional, a de xoieiro, a que chamou a atención dos directivos da canle Discovery MAX, que emite actualmente na TDT española. Tanto que lle ofreceron protagonizar o seu novo programa.

24K, unha produción de FremantleMedia para esta canle, xa se encontra en proceso de produción. Arranca cos primeiros pasos do seu novo negocio de xoiaría en Pontevedra, froito da determinación de Pablo por dedicarse ao que máis lle gusta: deseñar e producir pezas de xoiaría únicas.

Para iso, conta coa axuda dos seus dous irmáns, David e Miguel, e co resto da súa familia, que vive con eles nos pisos superiores do taller, situada nun pazo rodeado de vexetación. O particular localización do negocio e a sinxela cotianeidade do resto da familia contrastan, segundo a cadea, coa percepción que habitualmente temos do mundo da xoiaría e co alto nivel dos traballos de Pablo e os seus irmáns.

Este novo proxecto fixará a súa atención no proceso creativo, a manufactura e as historias escondidas tras de cada peza de xoiaría, todo iso rexistrado coas últimas tecnoloxías audiovisuais e unha marcada personalidade para conseguir mostrar o traballo artesán dos Cimadevila dende unha perspectiva nunca vista ata agora en televisión.

Os clientes e as súas solicitudes, dende pequenos encargos dun particular ata grandes pedidos de empresas, tamén serán parte importante das tramas.

O director xeral de Discovery para España e Portugal, Fernando Jerez, afirmou que 24K dá unha volta de rosca a un xénero coñecido como 'how to', que mostra o funcionamento cotián de diferentes actividades profesionais. Neste caso, destacou que lle parece interesante internarse no proceso de produción das xoias, "algo que moi poucos coñecemos pero que xera moita curiosidade unha vez que empezas a velo.

Por agora, o programa aínda non ten data de estrea. Chegará ás pantallas de toda España antes de que finalice este ano 2015.