Pablo Casado repite en Pontevedra para "falar ben de Galicia e de Feijóo"

Pontevedra
04 de xullo 2020

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, visitou este sábado de novo Pontevedra tamén para lanzar unha "mensaje de tranquilidad" á cidadanía para que vaia a votar ás urnas nas eleccións do próximo 12 de xullo "con plenas garantías"

Paseo de Pablo Casado por Pontevedra Cristina Saiz

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, visitou este sábado de novo Pontevedra para "hablar bien de Galicia y de Feijóo" e tamén para lanzar unha "mensaje de tranquilidad" á cidadanía para que vaia a votar ás urnas nas eleccións do próximo 12 de xullo "con plenas garantías".

O líder do PP pediu que ese voto sexa para o candidato do seu partido, o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen cualificou de "paraguas para que todo gallego moderado y sensato se pueda cobijar". 

Neste sentido, afirmou que o candidato á reelección é "una garantía" frente a "un 'mexunxe' de diez partidos que conforman cuatro propuestas electorales distintas"

"Tiene más riesgo ir a tomar el aperitivo a una terraza que ir a un colegio electoral", volveu a insistir Pablo Casado citando as palabras do propio Feijóo.

Casado visitou o albergue Virxe Peregrina e percorreu o tramo urbano do Camiño Portugués que pasa polas rúas da cidade do Lérez, e estivo acompañado neste percorrido pola vicepresidenta do Congreso, Ana Pastor, que é a portavoz do partido na Comisión de Reconstrución do Congreso, e polo presidente provincial, Alfonso Rueda, o presidente local, Rafael Domínguez, e membros da candidatura.

Casado animou a que toda a xente faga a Ruta Xacobea este ano porque se pode percorrer tamén con "plena seguridad".

Nunha intervención dirixida aos medios de comunicación, Casado reclamou ao Goberno que estableza programas de activación turística específicos porque o plan que hai para este sector é "insuficiente", xa que o 93 % das axudas son créditos que as empresas van ter que utilizar para "pagar impuestos cuando no facturaron nada", reprochou.

Ademais dixo que "la alternativa para nosotros es la estabilidad económica, el crecimiento de todos los impuestos que se tienen que bajar a nivel nacional para recaudar más", expresou Casado.

O líder dos populares lamentou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez queira "subir los impuestos para cuadrar las cuentas". "Eso si ya es algo que no crea empleo en circunstancias normales, creo que es una verdadera irresponsabilidad cuando atravesamos una recesión", asegura Casado.