"Estamos en Pontevedra y no entendemos cómo el Estado no ha defendido la viabilidad de Ence de la que dependen cientos de trabajadores y dependen miles de familias del rural, del sector de la madera", con estas palabras referíase o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, ao conflito sobre a fábrica pasteira de Lourizán.
O máximo representante do PP aludía nesa intervención ao afastamento por parte da Avogacía do Estado na causa que levou a que a Audiencia Nacional anulara a prórroga que Mariano Rajoy aprobara para que a fábrica pasteira permanecese na ría de Pontevedra ata 2073.
Sinalaba, ademais, que esta situación se producía cando se xestionaba un proxecto coa"mayor internacional textil del mundo para poder usar otros restos forestales de la madera en la que Galicia es una de las referentes europea". E atacaba tamén ao Partido Socialista por manter unha política enerxética nula ou negativa desde o Goberno. "¿Por qué pagamos un 40% más del coste de la energía que nuestros competidores europeos?, ¿por qué esta política errática de demonizar? Se quejan de la eólica, de la hidráulica, de la nuclear. ¿Volvemos a la cueva? No consumimos agua ni energía y así no habrá que producirla", ironizou o presidente popular na Carballeira de San Xusto na súa intervención no acto de inicio do curso político do Partido Popular de Galicia.
"Tenemos que tener una energía que sea competitiva y sostenible. Muchas familias dependen de que la industria gallega no cierre", sinalou durante o seu discurso #ante cincocentos representantes do Partido Popular. Nesta mesma liña tamén se manifestaba o anfitrión do acto, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, incidindo en que o PP defende ás persoas, ás empresas e ao emprego."O PP defende os postos de traballo de Ence, defende empresas que por culpa de decisións políticas dos socialistas e dos seus colaboradores como o BNG van ver perigar o seu futuro e os seus postos de traballo. Para eses é para quen gobernamos", afirmou entre aplausos o tamén portavoz do PP na Deputación de Pontevedra.
RECORDO A JAVIER COBIÁN
Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP de Galicia, aseguraba que "en función do que fagamos nos próximos meses se decidirá o futuro político de España" para sinalar que o obxectivo do seu partido é servir a todos os españois como país plural e unido. Ademais, afirmou que se poñerá todo o esforzo, a capacidade e o traballo para que este " sexa un curso de crecemento económico sostible".
Tamén Alfonso Rueda, presidente provincial do PP, agradeceu o traballo da militancia e avanzou que "temos moitas cousas por facer e ilusión non nos falta. Aquí está un partido disposto a facer o que hai que facer. Adiante!", para tamén dedicar unhas palabras á figura de Francisco Javier Cobián, que falecía nas últimas horas, indicando que foi "un gran alcalde de Pontevedra".