Outubro deixa 4.262 parados máis nas listas de desemprego da provincia de Pontevedra

Pontevedra
05 de novembro 2013
Actualizado: 17:59

O mes de outubro, como vén sendo habitual tras a campaña estival, volve ser negativo para as cifras de desemprego. Segundo os datos desvelados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a provincia de Pontevedra conta con 4.262 novos parados, un 4,64% máis que o mes anterior. En total, 107.180 pontevedreses atópanse en situación de desemprego

Trabajadores de una obra en Pontevedra PontevedraViva

O mes de outubro, como vén sendo habitual tras a campaña estival, volve ser negativo para as cifras de desemprego. Segundo os datos desvelados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a provincia de Pontevedra conta con 4.262 novos parados, un 4,64% máis que o mes anterior. En total, 107.180 pontevedreses atópanse en situación de desemprego fronte aos 102.918 de setembro.

Esta cifra supón un incremento anual de 657 parados en relación ao mes de outubro de 2012, cando a cifra total ascendía a 106.523. ÿ a tendencia contraria aos datos rexistrados a nivel nacional que, no seu conxunto, son lixeiramente inferiores a hai un ano.

Segundo os datos de Emprego, o paro subiu en outubro en ambos os sexos. Así, o desemprego masculino aumentou en 2.203 persoas, fronte a un repunte do paro feminino de 2.059 mulleres, situándose o total de mulleres en paro en 54.691 e o de homes, en 48.227.

Por sectores, o paro só baixou en outubro na construción, onde se reduciu en 87 persoas, mentres que subiu no resto de sectores. O maior repunte, como era previsible, produciuse nos servizos, onde o paro creceu en 3.083 desempregados, seguido da industria que rexistrou 631 desempregados máis, a agricultura con 624 parados máis e o colectivo sen emprego anterior, que sumou 11 parados máis.

En canto á contratación, en outubro rexistráronse no Servizo Público de Emprego un total de 30.655 contratos. Do total de contratos efectuados, só 1.856 foron indefinidos, un 6,05% do total. O resto, 28.799 foron de carácter temporal.

149 PARADOS MAIS EN PONTEVEDRA

Con respecto aos datos do Concello de Pontevedra, en outubro 149 traballadores máis engrosaron as listas do paro. O total de pontevedreses desempregados alcanza as 8.559 persoas, un 1,77% máis que no mes de setembro. Segundo os datos recollidos polo Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia, 4.527 destes parados son mulleres e 4.032 son homes.

Do mesmo xeito que na tendencia nacional, a actividade con peor comportamento foi o sector servizos con 113 parados máis en outubro. Tamén aumentou o desemprego na industria, con 40 persoas máis en paro, e na construción, con dous novos desempregados. Pola contra rexístranse lixeiros descensos na agricultura e no colectivo de persoas sen emprego anterior.