Os xulgados de violencia de xénero especializados e comarcalizados, prioridade para presidentes de audiencias de toda España

Pontevedra
14 de xuño 2023

A ministra de Xustiza clausurou en Pontevedra as XXI Xornadas de Presidencias de Audiencias Provinciais que reúnen desde a tarde do domingo a representantes destas institucións en 40 provincias e insistiu en que a loita contra a violencia de xénero "sempre foi un aceno de identidade deste país e dos tribunais españois"

Clausura das XXI Xornadas de Presidentes e Presidentas das Audiencias Provinciais Mónica Patxot

A ministra de Xustiza, Pilar Llop, visitou este mércores Pontevedra con motivo da clausura das XXI Xornadas de Presidencias de Audiencias Provinciais que reúnen desde a tarde do domingo a representantes destas institucións en 40 provincias españolas.

Durante a súa intervención, manifestou o seu acordo con algunhas das conclusións ás que chegaron os participantes nas xornadas durante os últimos días, entre elas, a súa aposta polos tribunais de Instancia e a comarcalización da Xustiza especializada.

A ministra tamén insistiu en que a loita contra a violencia de xénero "siempre ha sido una seña de identidad de este país y de los tribunales españoles", que foron pioneiros en moitas lexislacións para loitar contra ""una de las más graves vulneraciones de derechos humanos de mujeres y niñas" no mundo. 

Respecto diso, tamén durante clausúraa, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, sinalou que, de todas as conclusións dos asistentes, queda coa comarcalización e especialización dos xulgados en violencia de xénero. 

O presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez, destaca que é "muy importante" a comarcalización dos xulgados especializados, sobre todo en violencia sobre a muller "para que puedan tener los medios técnicos, humanos y materiales a disposición para que las víctimas estén más protegidas y los procesos vayan adelante". 

O presidente do TSXG insistiu na importancia de actuar contra a violencia de xénero nun momento no que o 20% da poboación maior de 25 anos "niega la existencia de la violencia machista" e o presidente da Audiencia de Pontevedra tamén constatou que detectaron que  "es necesaria una mayor información de los derechos en materia de violencia sobre la mujer, de actualizar las medidas de protección, de que haya una información completa sobre todos los medios de protección para los niños y la niñas".

A ministra quixo poñer en valor as audiencias provinciais como "un puntal en la interpretación del ordenamiento jurídico por parte de nuestros tribunales" e sinalou que contribúen á mellora da protección da vítima no procedemento penal, a través dunha maior información, protección e evitación da súa revictimización.

A titular de Xustiza mostrouse convencida de que, a pesar de que as leis de eficiencia da Xustiza promovidas pola súa carteira quedaron en suspenso por mor da disolución das Cortes,  "el trabajo que se ha hecho por el conjunto de los grupos parlamentarios ha servido para concienciar a todos los agentes jurídicos de la necesidad de implementar los cambios que se proponen".

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

A dixitalización foi un dos elementos sobre os que se centrou o debate. Para impulsar a transformación dixital que vive o sector, a ministra Llop lembrou a importancia que tivo o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, poñendo como exemplo diso a extensión do expediente xudicial electrónico a ámbitos que aínda traballaban en analóxico, como a Audiencia Nacional e órganos dependentes de comunidades autónomas con competencias transferidas.

O presidente pontevedrés, como anfitrión, tamén explicou que lles "preocupa muhcísimo" a dixitalización e a Intelixencia Artificial e piden que haxa unha "regulación clara" sobre esa materia na Administración de Xustiza. 

A vogal do CGPJ que preside as xornadas, Carmen Llombart, aproveitou a súa intervención para insistir na necesidade de máis medios para os xulgados. "Se queremos unha xustiza independente, necesitamos os medios necesarios para levala a cabo".