Os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro únense á Ruta da Camelia de Galicia

Pontevedra
10 de setembro 2024

A Ruta dos Xardíns da Camelia é un percorrido único en Europa que conecta xardíns públicos e privados cunha destacada presenza de camelias

Estación Fitopatolóxica do Areeiro Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra celebra que os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro xa estean oficialmente incluídos na Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia.

Este espazo natural, propiedade da Deputación, convértese así no segundo xardín da institución provincial en formar parte deste itinerario turístico, tras o Castelo de Soutomaior.

A Ruta dos Xardíns da Camelia é un percorrido único en Europa que conecta xardíns públicos e privados cunha destacada presenza de camelias.

En Areeiro, a colección viva de camelias da Deputación conta con preto de 1.400 exemplares de 46 especies diferentes.

Ademais da súa importancia turística, Areeiro desenvolve unha importante labor de investigación e conservación.

O centro realiza prospeccións en xardíns históricos de Galicia para recuperar cultivares antigos de camelia e participa no Grupo Internacional de Traballo de Conservación e de Identificación de Camelias Históricas da Sociedade Internacional da Camelia.

Os xardíns de Areeiro poden visitarse todos os martes e xoves, así como dous sábados ao mes, mediante o programa de visitas guiadaspromovido pola institución provincial.