Os universitarios poderán realizar os seus exames de forma telemática na aula Cemit de Combarro

Poio
26 de maio 2020

O centro forma parte do convenio asinado polas tres universidades galegas e a Fegamp para establecer puntos de conexión a Internet estables para aqueles estudantes que non dispoñan dunha conexión adecuada

Aula CEMIT Deputación de Pontevedra

A aula Cemit de Combarro poderá ser utilizada por estudantes universitarios para poder realizar os seus exames académicos de maneira telemática. As instalacións de Poio forman parte do acordo conseguido entre as tres universidades de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para establecer puntos de conexión estable para aqueles mozos que non dispoñen dunha conexión a Internet adecuada.

Por outra banda, a aula Cemit ten programada unha nova convocatoria para obter o Certificado Codix (Competencias Dixitais). O período de inscrición permanecerá aberto desde o vindeiro venres, 29 de maio. 

Debido á situación actual, o curso non comezará ata o próximo mes de setembro. Está previsto que as sesións finalicen en novembro.

A aula de Combarro está aberta en horario de atención telefónica entre as 10.00 e as 11.30 horas, de luns a venres, para asesorar e resolver dúbidas a usuarios e usuarias.