Os últimos de Filipinas, "atrincheirados" no edificio de Hacienda

Pontevedra
10 de xaneiro 2013

Na actualidade apenas unha veintena de funcionarios ocupan o monumental edificio de Facenda situado na praza da Ferrería. Son "os últimos de Filipinas". Destinados nunha edificación enorme e baleira, que impón respecto, por non dicir medo, segundo confesan os traballadores

Edificio de Facenda na Ferrería PontevedraViva

Na actualidade apenas unha veintena de funcionarios ocupan o monumental edificio de Facenda situado na praza da Ferrería.

Son "os últimos de Filipinas". Destinados nunha edificación enorme e baleira, que impón respecto, por non dicir medo, segundo confesan os traballadores.

Son empregados públicos adscritos, entre outros, a servizos como Aduanas, a Secretaria Xeral de Facenda, Clases Pasivas, o Tribunal Económico, Patrimonio do Estado, Intervención e Recursos Humanos, etc.

En novembro do ano 2010, o entón delegado do Goberno, Antón Louro, anunciaba que o edificio da Ferrería tamén albergaría a sede de Estatística en Campolongo que pasaría a destinarse a un uso cultural.

A súa presenza na antiga sede de Facenda tamén ten un valor testimonial

Estes poucos funcionarios destinados na Ferrería poderían ser recolocados sen problemas na sede da Axencia Tributaria en Campolongo, mais a súa presenza na antiga sede de Facenda tamén ten un valor testimonial que acredita que o edificio esta sendo usado.

E é que o céntrico inmueble é propiedade de Patrimonio do Estado desde a desamortización do XIX, polo que os Pais Franciscanos poderían reclamar a reversión da titularidad a Igrexa en caso de abandono.

Obviamente, polo seu tamaño e envidiable ubicación, este edificio é moi desexado. Ata no Concello de Pontevedra chegouse a suscitar a posibilidade de convertelo na sede municipal.

Con todo esta idea tiña dous grandes argumentos na súa contra: sempre se trataría dunha cesión e a reforma sería moi custosa, polo que o grupo de goberno abandonou a tese apostando pola actual facultade de Belas Artes unha vez que os universitarios se trasladen ao Novo Edificio das Artes en Tafisa.

A última proposta de cambio de uso do actual edificio de Facenda partiu do candidato á alcaldía polo Partido Popular, Telmo Martín, que apostou no ano 2008 por converter o inmoble nun Parador Nacional de Turismo de cinco estrelas.

Mariano Rajoy lanzou a proposta de converter a sede de Facenda en Museo de Pontevedra

Non foi o único político popular que suxeriu posibles usos para o edificio da Ferrería, tempo atrás o propio Mariano Rajoy lanzou a proposta de converter a sede de Facenda en Museo de Pontevedra. E por que non un museo dedicado a Castelao?, terciara entón o BNG, ou de Arte Contemporánea, aportaría o PSOE sumándose ao debate.

Á espera de tempos mellores o emblemático inmoble lembra que noutro tempo xa foi sede da Deputación, do Rexemento de Infantería, dos bombeiros, ou da escola obreira, Facenda... O futuro está por escribir.