Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa hai 137.000 persoas completamente vacinadas contra o covid 19. Segundo informou o xerente da área, José Ramón Gómez, hai outras 50.000 que teñen unha soa dose.
Con todo a asistencia aos puntos de vacinación de persoas de 30 a 39 anos está a baixar. "Ahora un 70% de la gente se vacuna. En las primeras franjas de edad tuvimos un 90 y mucho por ciento", indica Consuelo Rodríguez, coordinadora de Enfermería no punto de vacinación do recinto Feiral de Pontevedra.
Segundo destaca Consuelo Rodríguez "estamos en torno a un 25% de personas que no acuden a la primera cita de vacunación y después sí lo hacen en otras fechas".
Nos últimos doce días a incidencia do coronavirus nos galegos de 20 a 29 anos cuadriplicouse, mentres que entre os de 12 e 19 case se triplicou desde o 28 de xuño, data desde a que o Ministerio de Sanidade reporta a incidencia acumulada a 14 días desagregada por grupos de idade.
Este aumento na incidencia aínda non se está reflectindo, con todo, na presión hospitalaria, segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
Tamén aumentou a incidencia dos galegos menores de 11 anos, que practicamente se duplicou desde finais de xuño, xa que pasou de 58,22 casos por cada 100.000 habitantes a 111,60 este venres.
O conselleiro de Sanidade anunciou que prevé iniciar a vacinación dos menores de 20 anos a mediados de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar se as previsións de vacinas mantéñense.