Os traballadores ven na prórroga de ENCE "unha boa noticia para o futuro da comarca"

Pontevedra
25 de xaneiro 2016

"Estamos todos moi contentos e felices", dixeron os presidentes dos comités de empresa de Ence, Pedro Soto (traballadores de fábrica) e Ana Cedeira (oficinas), recollendo a "satisfacción e esperanza" existente entre todos os traballadores e as súas familias

O Director de Ence cos Presidentes dos comités de empresa Mónica Patxot

Os presidentes dos comités de empresa de Ence, Pedro Soto (traballadores de fábrica) e Ana Cedeira (oficinas), trasladaron a alegría do persoal da fábrica de Lourizán tras coñecer a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de outorgar a Ence a prórroga da concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu Centro de Operacións na Ría de Pontevedra.

"Estamos todos moi contentos e felices", dixo Ana Cedeira, recollendo a "satisfacción e esperanza" existente entre todos os traballadores e as súas familias.

Pedro Soto engadiu que era unha noticia que "levabamos esperando desde hai anos, os mesmos que levamos loitando os sindicatos para que isto fose efectivo".

Os presidentes do comité de empresa coinciden en que é "unha boa noticia para o traballadores" pero tamén, engaden, "para o futuro da comarca e do sector forestal de Galicia".

Ao seu xuízo, que a fábrica de celulosas permaneza en Lourizán durante 60 anos máis, "é motivo de xeración de postos de traballo, de economía para Pontevedra" polo que agora "esperamos que agora os políticos saiban aproveitarse destas circunstancias", dixeron os portavoces sindicais.

"Que o que se produce aquí quede aquí tamén", sentenciou Pedro Soto.

Unha vez cumprido este obxectivo, os representantes dos traballadores dirixiranse agora á dirección de Ence para "loitar pola creación e xeración de emprego".

Neste sentido, a posiblidad de que Ence poida construír en Pontevedra unha fábrica de biomasa perfílase como unha oportunidade que "terá unha implicación favorable tanto medioambientalmente como para a produción de enerxía eléctrica".

Pedro Soto lembrou que o conselleiro delegado xa expuxo con anterioridade unha planta de biomasa "como un dos investimentos para Pontevedra", aínda que non sabe se se trata da concesión que acaban de concederlle.

Arquivado en