Os comités de empresa de Ence, representantes dos traballadores na fábrica de Lourizán e nas súas oficinas, manifestaron a súa "repulsa" e a súa "indignación" ante os feitos vandálicos que se produciron na sede do PSOE de Pontevedra, onde se produciron desfeitas que "condenamos rotundamente".
A través dun comunicado, os traballadores lembran que todas as súas mobilizacións en defensa da continuidade da empresa pasteira caracterizáronse "polo seu civismo e o seu pacifismo", polo que negan estar relacionados con eses feitos.
A este respecto, lamentaron que tras o "éxito" da súa manifestación do pasado venres aparecesen estes "oportunos e sospeitosos" actos vandálicos que "non parecen ter outro fin que roubar o protagonismo e ensuciar nosa causa".
"Pedimos unha pronta actuación por parte das autoridades competentes para a investigación e aclaración da autoría destes feitos", engaden os traballadores.
Con respecto á marcha de hai dous días, os comités de empresa agradecen o apoio recibido e celebran o "comportamento cívico exemplar" que mantiveron todos os seus asistentes en defensa dos postos de traballo de máis de 5.000 familias.