Os socialistas pídenlle ao alcalde que non se esconda e explore a posibilidade dun traslado de Ence

Pontevedra
21 de setembro 2018

"Que se deixe de leas, que se tranquilice, que non se esconda e que se poña a traballar. Estamos ante un asunto crucial para o futuro de Pontevedra e non se pode despachar con catro escusas mal coordinadas", así de contundente foi o Portavoz do Grupo Municipal do PSOE, Tino Fernández, ante a actitude adoptada polo BNG na proposta socialista para convocar unha mesa de negociación para estudar o posible traslado de ENCE

Agustín Fernández e María Pierres, na sede do PSdeG-PSOE Mónica Patxot

"Que se deixe de leas, que se tranquilice, que non se esconda e que se poña a traballar. Estamos ante un asunto crucial para o futuro de Pontevedra e non se pode despachar con catro escusas mal coordinadas", así de contundente foi o portavoz do grupo municipal do PSOE, Tino Fernández, ante a actitude adoptada polo BNG na proposta socialista para convocar unha mesa de negociación para estudar o posible traslado de ENCE.

Os socialistas cren que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "debe reflexionar moi profundamente" sobre cal debe ser a súa actitude ante esta proposta. "O alcalde está obrigado a liderar. Para iso foi elixido. E se hai unha posibilidade, por remota que sexa, de trasladar a Ence, está no deber de explorala"

O portavoz municipal do PSOE tamén critica que estar máis pendente da forma que do fondo é "desviar a atención" e considera que Fernández Lores " debería ir a Madrid a falar destes temas en lugar de andar cruzándose mensaxes epistolares cos responsables do ministerio"

O portavoz municipal socialista entende que estas primeiras declaracións do BNG estiveron "cheas de incoherencia" e destaca que "hai un goberno en Madrid disposto a sentar e falar" polo que pregunta "como é posible que o alcalde rexeite esa posibilidade?" e engade "vai ser verdade que o BNG contra Ence vive moi ben".

Os socialistas consideran "altamente significativo" que PP e BNG coincidan nisto e piden "sentido común e altura de miras" no canto de quedar "na descualificación fácil e partidista".

"Estamos moi afeitos a que o tempo nos dea a razón. E a razón e o sentido común din que hai que explorar a posibilidade dun traslado", finalizou comentado Tino Fernández.

Arquivado en