En cada casa do concello de Soutomaior está a chegar nestes días un calendario e unha lámina adicados á figura de Luís Seoane.
O calendario conta con diversas láminas que son propiedade da Fundación Luís Seoane e así como un tapiz de Luís Seoane e Elena Montero que é propiedade do Concello de Soutomaior. Entre as láminas do calendario destacan 'Coidado das Vacas' do ano 1954 ou 'El e ela' de 1973.
Co calendario as Súas Maxestades están entregando tamén a lámina 'Mariñeiro' do 1953.
O alcalde de Soutomaior quere agradecer ademais da Fundación Luís Seoane, pola cesión das imaxes dos cadros, o traballo no reparto das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, de Papá Noel e dos seus axudantes e do Apalpador.
Para finalizar, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quixo destacar o inxente traballo das figuras do Nadal e sinalou "o especial agasallo de Nadal deste ano, o calendario e a lámina son unha fermosura que demostran a xenialidade do artista que da nome a nosa Biblioteca Municipal Luís Seoane".
Lourenzo ten claro que se trata dun calendario que terá valor máis alá deste 2024 do que, segundo confirmou nesta xornada o alcalde de Soutomaior, "estamos a recibir peticións de todos os puntos do país". O alcalde quixo agradecer o traballo da Fundación e das persoas que fixeron posible este calendario.