Os primeiros incendios do verán poñen en alerta á comarca

Pontevedra
17 de agosto 2024

Soutomaior, A Devesa na parroquia pontevedresa de Alba ou Ponte Sampaio rexistraron en pequenos lumes durante o venres e primeiras horas deste sábado 17 de agosto

Medios aéreos non incendio declarado este sábado 17 de agosto en Ponte Sampaio PontevedraViva

Estaba a ser un verán con pouca actividade incendiaria, en comparación con outros anos, pero nas últimas horas producíronse pequenos lumes e conatos que puxeron en alerta máxima á comarca de Pontevedra.

Durante o venres e primeiras horas do sábado rexistráronse incendios en Soutomaior, na Devesa na parroquia pontevedresa de Alba ou en Ponte Sampaio.

De feito o incendio declarado en Arcade obrigou a interromper por precaución o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Vigo entre as 17.38 horas e as 19.40 horas do venres pola proximidade do lume ás vías.

A rápida intervención dos medios de extinción e servizos de emerxencia evitou a propagación das lapas e que os danos fosen grandes en Arcade ou A Devesa, onde o lume iniciouse a poucos metros das casas.

No que respecta a Ponte Sampaio, o incendio declarouse á primeira hora deste sábado entre os lugares de Vilar e Rañadoiro, unha incidencia para a que Medio Rural mobilizou medios aéreos, que traballan na zona.

A todo isto súmase un incendio de importantes dimensións no sur da provincia, en Pontereas, que segundo as primeiras estimacións afectou a máis de 40 hectáreas de monte.