Os populares reclaman un plan para atraer empresas que suplan o peche de Elnosa

Pontevedra
11 de decembro 2018

O Partido Popular, a través dunha moción que trasladarán ao pleno do venres, solicitará que o Concello poña en marcha un plan de actuación urxente que permita atraer novas empresas a Pontevedra. Así se supliría, segundo os populares, a perda de postos de traballo que provoca o peche da fábrica de Elnosa

Miguel Fernández Lores e Rafa Domínguez no pleno municipal Mónica Patxot

O Partido Popular, a través dunha moción que trasladarán ao pleno do próximo venres, solicitará que o Concello poña en marcha un plan de actuación urxente que permita atraer novas empresas a Pontevedra.

Así se supliría, segundo os populares, a perda de postos de traballo que provoca o peche da fábrica de Elnosa.

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, entende que os "constantes ataques políticos" do goberno municipal cara ás empresas converteron a Pontevedra nunha "cidade hostil" onde se ve ao empresario como o "inimigo".

Esta estratexia supuxo, segundo Domínguez, que "Ikea se vaia a Vigo" ou que o alcalde "presuma de non coller o teléfono" a cadeas multinacionais.

"A sensación de que Pontevedra está moi ben para pasear pero non para traballar, lamentablemente, cada vez é maior", engadiu o líder popular, que lamentou que a cidade perda "capacidade empresarial" e que a súa situación económica "comece a ser insustentable".