Os populares de Ponte Caldelas proporán no próximo pleno municipal do xoves 27 de maio que se aprobe a proposta de solicitude á Xunta a patrimonio municipal do vial interior de Forzáns que vai desde o lugar da Feira ata a rotonda de entrada cara a Fornelos de Montes, igual que fixeron en 2016 co de Tourón ou o de Vilarchán.
O PP argumenta a petición en que unha vez avanzado o tempo e coa variante da PO-255 en pleno funcionamento, a estrada interior de Forzáns decaíu como estrada autonómica e úsase máis como vial interior de comunicación veciñal entre os residentes nesta parroquia.
Paralelamente a esta circunstancia, argumentan que as normativas desta estrada autonómica convencional causan serios transtornos burocráticos na tramitación de autorizacións para actuar sobre os bens inmobles dos veciños desta parroquia. Así mesmo, engaden que, se o vial fora de titularidade municipal a circulación sería máis sinxela e máis áxil e se lle aplicaría a normativa que realmente lle corresponde.