Os Plenos de Marín serán retransmitidos en directo e contarán con vídeo-actas

Marín
07 de outubro 2020

El Ayuntamiento de Marín anuncia que ya está en marcha la contratación de una plataforma software para la grabación y generación de vídeo-actas digitales, que permitirá la posibilidad de retransmitir en streaming las sesiones de los Plenos Municipales, así como grabar y catalogar automáticamente toda la información generada en las reuniones

Pleno do Concello de Marín Concello de Marín

O Concello de Marín anuncia que xa está en marcha a contratación dunha plataforma software para a gravación e xeración de vídeo-actas dixitais, que permitirá a posibilidade de retransmitir en streaming as distintas sesións dos Plenos Municipais, así como gravar e catalogar automaticamente toda a información xerada nas reunións de maneira audiovisual.

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) Marín 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. Deste xeito, o Concello de Marín dá un paso máis no proceso de dixitalización da administración, co obxecto de mellorar a eficiencia e a calidade dos servizos prestados á cidadanía.

Segundo fontes municipais, "este proxecto, que xa se incluía na formulación orixinal da EDUSI Marín, gaña aínda máis protagonismo e relevancia nestes momentos, no contexto da crise sanitaria da pandemia covid-19, no que é imprescindible contar con ferramentas dixitais que permitan superar os impedimentos que supón o cumprimento das medidas de prevención e hixiene".

Ademais da retransmisión en directo, co sistema de vídeo-actas conséguese elaborar de xeito case instantáneo as actas das sesión, combinando a gravación do vídeo do propio Pleno municipal cun documento electrónico que contén a orde do día e que permite segmentar os diferentes puntos do día. As vídeo-actas arquivaranse no servidor do Concello cunha copia de seguridade que permanecerá na Secretaría municipal e tamén a disposición da cidadanía para a súa consulta a través da páxina web ou doutras canles de comunicación oficiais do Concello.