Casi un ano despois da instalación dos paneis solares no auditorio municipal as cifras de consumos confirman un aforro enerxético lixeiramente superior ás previsións iniciais, situándose nun 70%
Os datos do pasado mes de novembro sitúan os consumos do Concello en 1.500W fronte aos 5.500W do mesmo mes do ano 2021; no auditorio o consumo pasou a 1.000W fronte aos 3.000W e de 500W a 150W nas salas.
O aforro nos consumos é menos visible na factura enerxética debido ao forte incremento rexistrado da tarifa da luz excepto na que corresponde ao Consistorio que pasou dos 400 euros de 2021 a 79 euros abonados o mes pasado.
"Nas instalacións do Auditorio o aforro na factura non é tan cuantioso debido ao incremento que a enerxía eléctrica foi rexistrando ao longo do ano", apunta o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, que ademáis apunta que o Auditorio municipal foi retomando ao longo de 2022 a actividade cultural habitual, que decaera nos exercicios anterior a causa da pandemia e das restrictivas medidas sanitarias que imperaban.
Cabe recordar que o Concello da Illa instalara os paneis solares cunha subvención de 120.000 euros concedidos polo goberno central o ano pasado; unhas estructuras que permiten xerar enerxía suficiente tanto para alimentar ao Auditorio como para a Casa do Concello.
O goberno local pretende avanzar no aforro enerxético ao longo do ano 2023 polo que tramitou ante o Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDEA), dependente do Ministerio de Transición Ecológica, unha subvención de 953.925 euros para a renovación integral do alumeado público en todo o termo municipal, sustituindo as actuáis luminarias por outras led de baixo consumo, o que suporía un aforro previsible en consumo do 70%.