Os Palleiros e Ohana organizan un mercadillo solidario nos Soportais da Ferrería

Pontevedra
19 de decembro 2020

A protectora Os Palleiros e o colectivo Ohana instalaron durante este sábado e ata as 20:00 horas, un mercadillo nos Soportais da Ferrería coa finalidade de recadar fondos para a actividade de custodia e coidado de cans abandonados que desenvolven

Mercadillo dos Palleiros e Ohana na Ferrería Concello de Pontevedra

A protectora Os Palleiros e o colectivo Ohana instalaron durante este sábado e ata as 20:00 horas, un mercadillo nos Soportais da Ferrería coa finalidade de recadar fondos para a actividade de custodia e coidado de cans abandonados que desenvolven. 

Durante esta mañá recibiron a visita do concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, que destacou que este tipo de mercadillos "supoñen un importante xeito de financiamento para que estas asociacións poidan realizar o seu indispensable e xeneroso labor a prol dos animais", e anima a tódolos pontevedreses "a efectuar as súas achegas, por pequenas que sexan".

Rey lembrou que a Concellería de Benestar Animal porá en marcha a principios de ano os traballos de reforma da cuberta do refuxio, unha actuación que conta cun orzamento duns 18.000 euros e que permitirá acabar coas filtracións de auga que afectan nestes momentos ás instalacións.