Os músicos alertan da probable perda de miles de postos de traballo pola 'persecución' de Facenda

Pontevedra
25 de xuño 2015

A querela presentada pola Fiscalía contra a empresa Representacións Lito, líder no sector das verbenas en Galicia, destapou unha dura crítica da Asociación de Músicos e Cantantes da Verbena Galega, que incide na "necesidade de que se constitúa unha mesa de diálogo e se nos teña en conta os traballadores á hora de decidir os nosos destinos"

Gala contra o Cancro de Panorama 2015

A querela presentada pola Fiscalía de Delitos Económicos de Pontevedra contra a empresa Representacións Lito, líder no sector das verbenas en Galicia, destapou unha dura crítica entre os músicos da comunidade. Aseguran que están en "máxima alerta" ante a probable perda de miles de postos de traballo.

A Asociación de Músicos e Cantantes da Verbena Galega 'Amusica' manifesta a "enorme preocupación" do colectivo polas investigacións que realizou a Axencia Tributaria e que acompañan a querela da Fiscalía. O seu presidente, Alberto Dopico, incide na "necesidade de que se constitúa unha mesa de diálogo e se nos teña en conta os traballadores á hora de decidir os nosos destinos".

Dopico advirte sobre a urxencia de deter o que consideran que é un proceso de "recadación indiscriminado e atroz, antes de que teñamos que lamentar males maiores", xa que hai moitos afectados son simples traballadores e pais de familia e se lles ameaza dende a Axencia Tributaria de xeito abusivo e inxusto coa exclusión social de por vida.

O colectivo de músicos considera que a situación na que se encontran é, en realidade, un problema de toda a sociedade galega, pois "se non protexemos o noso patrimonio cultural que é a verbena galega e as Comisións de Festas que son os que fan posible que tantas familias poidamos subsistir, dende as Administracións Públicas nos estarán a abocando a miles de persoas á cola do paro de xeito incomprensible e indefendible".