Os militares volverán ao monte coa operación Centinela Gallego a partir do 15 de agosto

Pontevedra
08 de xuño 2023

O xeneral de brigada Alfonso Pardo de Santayana Galbis confirmou que esta operación é un "compromiso con Galicia" para a prevención e disuasión fronte a incendios forestais e engadiu que estarán "vigilando los montes para disuadir, intentar que se queme lo menos posible".

Despregamento da Operación Centinela Gallego Mónica Patxot

A operación Centinela Gallego na que a Brigada Galicia VII, Brilat, realiza labores de vixilancia, disuasión e prevención de incendios forestais regresa este verán aos montes galegos. 

Así o confirmou o responsable da Brigada, o xeneral de brigada Alfonso Pardo de Santayana Galbis, este mércores con motivo da parada militar coa que conmemora o seu 57 aniversario.

O xeneral confirmou que a operación está prevista para o seu inicio o 15 de agosto e terminará cando o estableza a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, coa que cada ano asinan un convenio de colaboración.

Fuentes consultadas por este xornal indican que finalizará o 30 de setembro, aínda que ben as datas estableceraas o convenio, unha vez asinado. 

A preguntas dos medios de comunicación, Alfonso Pardo de Santayana Galbis confirmou que esta operación é un "compromiso con Galicia" para a prevención e disuasión fronte a incendios forestais e engadiu que estarán "vigilando los montes para disuadir, intentar que se queme lo menos posible".

Para este ano, prevese que non haxa cambios coa súa edición de 2023 e, no nivel de risco baixo, haberá 30 patrullas despregadas, alrdedor de 130 militares implicados.

Si haberá na pequena variación na zona para vixiar, pois vanse despregar na fronteira entre Ourense e o sur de Lugo, na que ata o de agora non estiveran e que o verán pasado rexistrou unha intensa actividade incendiaria.

O responsable da Brilat asegura que asumen esta misión "con mucha ilusión" e que hai "muchos voluntarios" para participar nesa operación. ""Todo el mundo percibe que es un servicio público, estamos ayudando a nuestros vecinos, cuidando del monte y no hay ninguna pega para ocupar nuestro tiempo de verano en esa misión, con lo cual, encantados", explicou. 

O verán pasado, as unidades militares despregáronse nas zonas asignadas pola Xunta de Galicia en tres das catro provincias galegas, un total de 33 municipios de 7 distritos forestais. Percorreron 320.000 quilómetros, realizaron ao redor de 5.600 patrullas de presenza en municipios e de vixilancia en diferentes observatorios e sumaron 11.000 minutos de vixilancia e observación co emprego de sistemas aéreos tripulados de forma remota (sistemas RPAS nas súas siglas en inglés).