Os mariñeiros de Mauritania substitúen a manifestación por un acto na Praza de Abastos

Marín
13 de decembro 2012

O responsable da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que adoptaron a decisión de cambiar a mobilización a causa das previsións meteorolóxicas, que apuntan a un forte temporal, polo que optaron por trasladar a protesta á sala multiusos da Praza de Abastos de Marín. O acto público dará comezo ás 20.30 horas

Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania PontevedraViva

Os mariñeiros da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano decidiron hoxe en asemblea substituír a manifestación prevista para este venres por un acto na Praza de Abastos de Marín ante a previsión de temporal.

O responsable da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que adoptaron a decisión de cambiar a mobilización a causa das previsións meteorolóxicas, que apuntan a un forte temporal, polo que optaron por trasladar a protesta á sala multiusos da Praza de Abastos de Marín.

O acto público dará comezo ás 20.30 horas

O acto público dará comezo ás 20.30 horas.

Os afectados/as tamén acordaron abandonar este venres ás 18.30 horas o peche que manteñen no Concello de Marín.

Antes, ás 12.30 horas, recibirán a visita da eurodiputada o BNG, Ana Miranda.

Arquivado en