Os inventos da época, temática elixida para a XIV Feira Franca

Pontevedra
23 de maio 2013

ÿ a temática elixida polo Consello Aberto, que se reuniu este mércores para comezar a perfilar os detalles dunha festa que se celebrará os días 6 e 7 de setembro. Segundo a concelleira de Festas, Carme da Silva, débese a que en Galicia e en Pontevedra, en concreto, "existían moitos inventos nesa época relacionados coa mellora dos sistemas de navegación"

Unha das estampas típicas da Feira Franca Diego Torrado

La XIV edición da Feira Franca estará dedicada aos inventos da época. ÿ a temática elixida polo Consello Aberto, que se reuniu este mércores para comezar a perfilar os detalles dunha festa que se celebrará os días 6 e 7 de setembro. Segundo a concelleira de Festas, Carme da Silva, débese a que en Galicia e en Pontevedra, en concreto, "existían moitos inventos nesa época relacionados coa mellora dos sistemas de navegación".

A este encontro, ao que asistiron a práctica maioría dos colectivos e asociacións que participan no Consello Aberto, fíxose unha valoración moi positiva da pasada organización cun bo funcionamento de todos os protocolos e dispositivos de seguridade, a situación e decoración dos postos e establecementos participantes, entre outras moitas cousas.

O Consello acordou por unanimidade trasladar unha felicitación a todos os departamentos municipais e empresas colaboradoras coa Feira (Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, concesionaria do lixo⿦) polo bo traballo realizado. Tamén acordou por unanimidade non modificar o ámbito de celebración da Feira Franca para "non devaluar a calidade da festa e a participación".

Carme da Silva informou ademáis ao Consello de que o Concello de Pontevedra aínda non ten coñecemento oficial de que a Feira Franca fose declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Resta que sexa aprobado polo Consello da Xunta e, segundo a concelleira, "ata que non sexa definitivo preferimos ser cautos e non promocionarnos como tal".

Arquivado en