Os hostaleiros da Zona Monumental preparan unha laconada como antesala do Entroido

Pontevedra
18 de xaneiro 2018

Este sábado e domingo, de 20 ao 21 de xaneiro, coincidindo coa festividade de San Sebastián, o Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental lanza unha nova iniciativa para seguir dinamizando o centro histórico: unha laconada en distintos establecementos hostaleiros

Presentación da primeira "Laconada San Sebastián" PontevedraViva

Como antesala do Entroido, os hostaleiros do centro histórico preparan un preludio gastronómico.

Este sábado e domingo, de 20 ao 21 de xaneiro, coincidindo coa festividade de San Sebastián, o Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental lanza unha nova iniciativa para seguir dinamizando o centro histórico: unha laconada en distintos establecementos hostaleiros.

Segundo explicou en rolda de prensa o directivo da CCU, Ramón Pedras "Petete", a festividade de San Sebastián é celebrada con tamborradas ou chorizadas como unha das primeiras festas do ano. En moitas destas celebracións o lacón con grelos convértese no protagonista.

Por todo isto, e coa colaboración do Concello van organizar a primeira edición da "Laconada San Sebastián". Outro dos directivos do CCU, Raúl Facciola, sinalou que son 25 locais os que se apuntaron a esta iniciativa ofrecendo no seu menú, petisco ou tapa o lacón con grelos.

Trátase de O Bioco, Creperie Cre-Cotte, La Cata, Borona, Merry’s, Pulpería As Campás, El Timón, Jaqueyvi, Casa Fidel O Pulpeiro, Cafetería Central, El Pecado, Restaurante Room, La Fuga de Blas, O Cruceiro, La tienda de Clara, Pontegrill, La Cámara, A taberna do Jazz, Boaviña, El Bocaito, La Estafeta, Barbol, Cafetería Orly e o Carabela.

O presidente do CCU, Miguel Lago, sinalou que acompañando á laconada tamén haberá animación polas rúas e prazas do centro histórico a cargo do grupo Maravallada.

Arquivado en