Os hospitais galegos necesitan unha media de 500 doazóns de sangue diarias

Pontevedra
29 de marzo 2021

Os horarios de doazón no Hospital Provincial de Pontevedra son: Luns e venres das 08.00 as 15.00 horas e martes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas. É necesaria a colaboración de todos os doantes pero moi especialmente, dos grupos A+, A-, O+ e B-, xa que as reservas destes grupos presentan niveis baixos

Caseta de doazón de sangue no Hospital Provincial Mónica Patxot

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeralizado á participación da cidadanía para aumentar as reservas de todos os grupos sanguíneos.

Nestes momentos, faise necesaria a colaboración de todos os doantes pero moi especialmente, dos grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. Segundo ADOS, as reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón.

 

QUEN PODE DOAR?

Segundo ADOS, pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.