Os heroes de Angrois adican o seu recoñecemento ás vítimas: "Jamás les olvidaremos. Están para siempre en nuestros corazones"

Umia
27 de outubro 2013

Os voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis, Cuntis, Vilagarcía, Cambados ou Valga non o pensaron dúas veces o 24 de xullo e en canto tiveron constancia do accidente ferroviario de Santiago de Compostela puxeron rumbo á zona. Este sábado a súa colaboración viuse recoñecida. Recibiron a Real Orde do Mérito Civil

Os voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis, Cuntis, Vilagarcía, Cambados ou Valga non o pensaron dúas veces o 24 de xullo e en canto tiveron constancia do accidente ferroviario de Santiago de Compostela puxeron rumbo a Angrois. Durante as horas seguintes ás fatídicas 20.41 en que o tren descarrilou na curva da Grandeira, colaboraron activamente no dispositivo de emerxencia e atención ás vítimas e as súas familias. Este sábado ese traballo viuse recoñecido. Recibiron a Real Orde do Mérito Civil xunto a efectivos dos servizos de emerxencias, sanitarios e outros colectivos que participaron nas tarefas de rescate do sinistro mortal, entre eles varios de Pontevedra.

Os heroes de Angrois (unha representación deles) acudiron á sala Mozart del Auditorio de Galicia e recibiron o seu recoñecemento de mans dos ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García-Margallo, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Un deles foi José Sieiro, xefe da agrupación de voluntarios de Caldas, que xa en xullo contou a súa participación a PontevedraViva.

O 24 de xullo acudiu a Angrois xunto cos seus compañeiros Enrique Cespón, José Antonio Búa, Orballo Casal, Carlos Cascallar e Antonio Rodríguez. Este sábado 26 de outubro, tres meses e dous días despois, volveu a Santiago para que se lle recoñecese o mérito daquel operativo que, no seu caso, se prolongou ata as 12.45 horas da mañá do día seguinte, 25 de xullo.

Tras recibir a placa personalizada de homenaxe, José Sieiro destacou unha vez máis "el trabajo en equipo de todos los colectivos de emergencia la fatídica noche del 24 de julio" e acordouse, especialmente, das vítimas do descarrilamento do Alvia: "Jamás les olvidaremos. Están para siempre en nuestros corazones".

Sieiro agradeceu á implicación dos cinco voluntarios de Protección Civil dispoñibles cando se coñeceu o alcance do accidente, xa que "se pusieron de inmediato a disposición a la llamada de alerta interna" e tamén aos do veciño municipio de Portas, pois no momento en que os caldenses marcharon cara a Angrois "dispusieron una guardia presencial para atender las emergencias que pudiesen pasar en la zona". Tivérona activa durante todo o operativo específico de Caldas en Santiago, entre as 21.40 horas do 24 de xullo e as 12.45 horas do 25, e mesmo tiveron que colaborar nun accidente no seu termo municipal entre as 11.00 e as 12.00 horas da mañá seguinte.

O xefe dos voluntarios caldenses agradeceu a colaboración do alcalde, Juan Manuel Rey, e manifestou a súa emoción de recoller a placa, no que cualifica como "un acto muy emotivo cargado de mucho cariño". Asegura que o seu pensamento e o dos seus compañeiros "estaba con las familias de los fallecidos", a quen en nome de todos os seus compañeiros e dos caldenses José Sieiro, moi emocionado, dedicou un abrazo e cariño.