Os gardacostas requisan polbo e marisco ilegal nas rías de Pontevedra e Arousa

Pontevedra
09 de novembro 2016

O operativo máis destacado tivo lugar nas zonas do Grove, Cambados, Meloxo e na enseada de San Xulián, onde os axentes se fixeron con 23 artes de pesca, a maioría viveiros, e con máis de 288 quilos de marisco, a maioría centola

Aparellos requisados polos gardacostas Servizo de Gardacostas de Galicia

A ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións do dervizo de Gardacostas de Galicia nas que os axentes comisaron máis de 510 quilos de diversas especies e 104 aparellos de pesca. 

O operativo máis destacado tivo lugar nas zonas do Grove, Cambados, Meloxo e na enseada de San Xulián, onde os axentes se fixeron con 23 artes de pesca, a maioría viveiros, e con máis de 288 quilos de marisco, a maioría centola. 

En Pontevedra os inspectores tamén estiveron vixiantes contra a extracción ilegal.

Realizaron varios controis nos que se aprehenderon de máis de 150 quilos de especies e 106 aparellos. O máis destacado foi na Illa de Ons onde incautaron 100 nasas e 75 quilos de polbo.