Os galegos de 20 a 29 anos comezarán a vacinarse o 9 de agosto

Pontevedra
14 de xullo 2021

Ata entón, as prioridades da sanidade galega seguirá sendo completar a vacinación das persoas de maior idade e, nestes momentos, avanzar na pauta de inmunización para o grupo de poboación de 30 a 39 anos, que está a recibir a súa primeira dose

Vacinación de persoas menores de 40 anos no Recinto Feiral

A partir do 9 de agosto, se se cumpren as previsións das autoridades sanitarias, Galicia comezará a vacinar contra a covid-19 aos mozos de 20 a 29 anos. Así o confirmou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 

Aínda que xa está aberta a vacinación para grupos concretos, como os estudantes Erasmus, non será ata principios de agosto cando arranque a inmunización mediante cita.

Ata entón, as prioridades da sanidade galega seguirá sendo completar a vacinación das persoas de maior idade e, nestes momentos, avanzar na pauta de inmunización para o grupo de poboación de 30 a 39 anos, que está a recibir a súa primeira dose.

Esta previsión podería modificarse, recoñeceu o conselleiro, en función da dispoñibilidade das vacinas, xa que para a poboación de 20 a 29 anos, polo menos por agora, só está autorizado o uso dos preparados de Pfizer ou Moderna.