O concerto de Loquillo na Praza de España con miles de persoas deu paso á tirada de lumes de lucería que supoñían o peche da semana grande das Festas da Peregrina.
O lanzamento dos fogos artificiais realizouse, como é tradición, na avenida de Corbaceiras e centos de persoas presenciaron o espectacular colorido nunha noite despexada.
Este luns 22 celébrase o Día do Neno e as atraccións situadas na Alameda contan con prezos especiais para que os menores de idade poidan gozar do último día de festa. A partir da medianoite comezarán a retirarse as barracas.
Conclúen as celebracións da Peregrina, pero as Festas do Verán continúan este martes cunha nova edición da Festa do Demo. A partir das 12.30 horas, o diaño xurdirá dos Arcos de San Bartolomé acompañado polo seu séquito. Tras un paseo polo centro da cidade, desaparecerá para volver percorrer as rúas a partir das 20.00 horas realizando xogos e burlas ao seu paso.