Os empresarios de Arousa implícanse na defensa de Alfageme

O Salnés
09 de novembro 2012

Representantes da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca) reuníronse este venres co comité de empresa de Alfageme. Despois do encontro, anunciaron que o próximo luns 12 de novembro se meterán de cheo na causa das traballadoras da conserveira

Traballadoras de Alfageme maniféstanse nas rúas de Pontevedra PontevedraViva

A loita das traballadoras de Alfageme en defensa dos seus postos de traballo nas factorías de Ribadumia e Vilaxoán (Vilagarcía) ten un novo aliado: os empresarios arousanos.

Representantes da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca) reuníronse este venres co comité de empresa de Alfageme. Despois do encontro, anunciaron que o próximo luns 12 de novembro se meterán de cheo na causa das traballadoras da conserverán.

Farano enviando un escrito á Consellería de Economía e Industria para mostrar o seu interese en que o conflito e a venda da conserveira Alfageme se resolva "do modo máis beneficioso para a comarca". Na súa opinión, este beneficio sería que se salvagardasen todos os postos de traballo actuais.

Os empresarios instarán o Igape a que adxudique a venda de Alfageme a algunha das empresas que presentaron ofertas sobre esta. Esta actitude foi ben recibida polo comité de empresa, que agradece a implicación dos empresarios.

Pola súa banda, as traballadoras non se manterán paradas mentres esperan a que o conflito se resolva. O luns reuniranse na nave de Ribadumia para fixar un novo calendario de mobilizacións.

Arquivado en