Os do Val do Lérez gañan o concurso de murgas

Pontevedra
24 de febreiro 2023

Ata a final chegaron Equipo Ja, Val do Lérez, A Tropa de Moncha A Caralla, Leña Verde e Eléctricas PTV. Tres murgas da Boa Vila e dúas do Grove e case unha sexta charanga formou o grupo municipal socialista de Pontevedra  cuxos concelleiros acudiron vestidos de vendedores ambulantes para facer unha representación da feira, en alusión á controversia que divide ao goberno local.

'Os do Val do Lérez' na final do concurso de Murgas de Pontevedra Mónica Patxot

Os do Val do Lérez gañaron o XXXI concurso de murgas de Pontevedra, que se celebrou na noite deste xoves no Pazo da Cultura.

En segundo lugar clasificouse o "Equipo Ja", foron terceiros os de "A Tropa de Moncha A Caralla", seguidos en cuarto lugar de "Eléctricas PTV" e en quinto posto "Leña verde".

Tres murgas da Boa Vila e dúas do Grove e case unha sexta charanga formou o grupo municipal socialista de Pontevedra cuxos concelleiros acudiron vestidos de vendedores ambulantes para facer unha representación da feira, en alusión á controversia que divide ao goberno local.

Os do Val do Lérez, vestidos co uniforme de camareiros do Novo Carabela, cantaron sobre o peche de Raíña Vitoria, sobre os fodechinchos, a iluminación do Nadal en Pontevedra, a Casa Real, Shakira e Piqué.

O Entroido pontevedrés está a piques de rematar, a falta dun último día de troula e festa, cunha xornada co loro Ravachol como máximo protagonista, símbolo inequívoco do Entroido da Boa Vila.

Porén, o velorio e a incineración do vello loro non será o único que aconteza este sábado, 25 de febreiro. Pola mañá, ás 12 horas, a praza da Peregrina volverá contar coa recreación da botica de don Perfecto Feijoo, coa actuación de Lajhareu e Os Alegres. Un chisco máis tarde, ás 12.30 horas, a Praza da Verdura estreará un novo punto do programa, cunha sesión vermú coas murgas PTV, Os do Val do Lérez, Equipo Ja e a murga do Naveiro. Neste mesmo espazo, a partir das 18 horas, comezará o velorio de Ravachol na sala mortuoria.

Ás 21 horas procederase coa saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Las Flores de Carnaval, Os Solfamidas, Os Paparrulos, Os 100 Tolos e Vamos a Todo, percorrendo as rúas San Román, Ferraría, o paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, a rúa Real, Sarmiento, Pasantería e, finalmente, a praza da Ferraría.

Unha vez finalice o percorrido procederase á incineración do finado, na súa honra terá lugar un espectáculo necrolóxico que incluirá a lectura dunha elexía para o finado, a danza da morte (con Celme), unha saeta por Val do Lérez e, finalmente, procederase coa queima do corpo do loro.

Por último, ás 22 horas, Os Canecos, Os Miúdos, As Sonecas e Os da Caña realizarán unha serie de pasarrúas animando a última noite do Entroido da cidade. Doutra banda, no Centro cultural O Burgo, ás 22.30 horas, comezará un baile de disfraces.

Final do concurso de murgas