"Os datos do paro son inxustificables"

Pontevedra
24 de xaneiro 2013

O secretario comarcal de UGT en Pontevedra, Ramón Vidal trasladou a "desolación" existente no sindicato ante os datos da EPA. En canto ao Concello de Pontevedra acaba o 2012 co 21% de paro. ÿ a terceira taxa máis alta de Galicia, tan só superada por Ferrol e Vigo. Son unhas cifras "inxustificables" para a UGT, que ve imposible ese repunte que cara a finais de ano albiscaba o goberno presidido por Mariano Rajoy

O secretario comarcal de UGT en Pontevedra, Ramón Vidal trasladou a "desolación" existente no sindicato ante os datos da EPA a Enquisa de Poboación Activa correspondentes ao último trimestre do ano 2012 que situou o listón en 107.100 parados na provincia de Pontevedra.

En canto ao Concello de Pontevedra acaba o 2012 co 21% de paro segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

ÿ a terceira taxa máis alta de Galicia, tan só superada por Ferrol e Vigo.

Son unhas cifras "inxustificables" para o secretario comarcal de UGT, que ve imposible ese repunte que cara a finais de ano albiscaba o goberno presidido por Mariano Rajoy.

Ramón Vidal alerta da situación "especialmente crítica" que atravesan algúns sectores como a construción, en concreto chama a atención sobre as empresas de mármores e granitos "ata agora estaban aguantando a base de pequenas reformas e reparacións pero isto xa se está acabando".

34.300 fogares pontevedreses teñen a todos os seus membros no paro

E o máis grave é que o número de fogares galegos con todos os seus compoñentes no paro alcanzou as 91.900 familias. Destas 34.300 son da provincia de Pontevedra.

Desde UGT insisten en que a reforma laboral foi "moi perxudicial" para os traballadores "mentres se deixaron sen facer a reforma financeira, e o crédito segue sen fluír ás empresas". Ramón Vidal conclúe que a reforma laboral só beneficiou ás grandes empresas.

Arquivado en