Os cribados para detectar asintomáticos continuarán a próxima semana en Poio

Poio
27 de agosto 2021

Un tres mil habitantes de Poio, persoas entre 15 e 39 anos, van a ser citados por SMS para participar no cribado que se realizará a próxima semana no pavillón de deportes da Seca. As probas deste cribado poboacional serán PCR nasofarínxeas

Cribado en Poio para detectar asintomáticos
Cribado en Poio para detectar asintomáticos Cristina Saiz

Un tres mil habitantes de Poio, persoas entre 15 e 39 anos, van a ser citados por SMS para participar no cribado que se realizará a próxima semana no pavillón de deportes da Seca.

As probas deste cribado poboacional serán PCR nasofarínxeas. Con elas, as autoridades sanitarias buscan detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.

En coordinación co Concello de Poio, estes cribados voluntarios terán lugar os vindeiros luns 30 e martes 31 de agosto, de 9 a 14 horas en horario de mañás e de 16 a 21 horas polas tardes. 

Para levar a cabo estes cribados, haberá dous equipos de enfermaría por cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.

Todas as mostras procesaranse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos. 

No caso de resultar positivos, chamarase de xeito individual a cada cidadán.