A baixada no ritmo de contaxios detectados de covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés quedou en flor dun día, e este mércores 30 de xuño o balance diario oficial do Servizo Galego de Saúde volve ofrecer cifras máis elevadas superando a trintena de novos casos.
En concreto nas últimas 24 horas detectáronse 34 novos positivos por coronavirus, o que fixo subir os casos activos na área pontevedresa ata os 262. Isto supón 24 casos máis que o martes ao superar os contaxios con fartura ás 10 altas epidemiolóxicas dadas.
Ademais a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo sumou un paciente covid máis, con tres persoasevolucionando nas súas instalacións das nove que permanecen ingresadas. As outras seis atópanse repartidas en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (3) e o Hospital do Salnés (3).
Desde o inicio da pandemia recibiron o alta 14.201 afectados por el virus, rexistrándose 181 falecementos de pacientes con positivo activo.
Segundo informa o Sergas nas últimas 24 horas realizáronse 457 probas PCR na área sanitaria.