Os concellos da provincia renovan a ofrenda á Peregrina

Pontevedra
14 de agosto 2016

O responsable de facelo foi o deputado de Interior, Carlos López Font, que por segundo ano consecutivo realizou a ofrenda institucional da provincia á súa patroa. Á misa acudiu a actual presidenta do Congreso dos Deputados e deputada deste partido por Pontevedra, Ana Pastor. 

Tradicional ofrenda da Deputación Provincial á Virxe Peregrina 2016

Todos os concellos de Pontevedra, a través da Deputación Provincial, renovaron este domingo a súa devoción pola Virxe Peregrina. O responsable de facelo foi o deputado de Interior, Carlos López Font, que por segundo ano consecutivo realizou a ofrenda institucional da provincia á súa patroa. 

López Font realizou a ofrenda, como é tradiconal, na misa solemne que se celebrou en honor á Virxe ao mediodía na capela que leva o seu nome e á que acudiu unha ampla representación de políticos locais, fundamentalmente, do Partido Popular. Entre eles estaba a actual presidenta do Congreso dos Deputados e deputada deste partido por Pontevedra, Ana Pastor

AmpArticleViewer.default.tags